internetradio2.0/resources/402/terms_402.html
author Pat Downey <patd@symbian.org>
Tue, 18 May 2010 11:36:57 +0100
changeset 4 3f2d53f144fe
parent 0 09774dfdd46b
permissions -rw-r--r--
Merge docml changeset with recent Nokia delivery.

<html>

<head>
<meta http-equiv="Content-Type" content="text/html; charset=UTF-8"/>
</head>

<body>

<p>O servizo Nokia Internet Radio (“Servizo”) permítelle experimentar e descubrir os contidos das estacións de radio de internet. VOSTEDE ACEPTA QUE O SEU USO DO SERVIZO SIGNIFICA QUE LIU ESTE ACORDO, O ENTENDE E QUE ACEPTA SOMETERSE ÓS SEUS TERMOS E CONDICIÓNS. Se non acepta, non terá permiso para empregar o Servizo.</p>

<p></p>

<h1>1. DEFINICIÓNS</h1>

<p></p>

<p>As estacións de radio de internet son entidades que xeralmente producen e distribúen contidos de audio e metadatos relacionados a través de internet mediante un fluxo de datos.</p>

<p></p>

<p>O enlace ás estacións de radio de internet é un localizador de recursos ou un conxunto de localizadores de recursos que permiten ó usuario acceder ós contidos difundidos pola estación de radio de internet.</p>

<p></p>

<h1>2. O SERVIZO</h1>

<p></p>

<p>O Servizo permite:</p>
<p>1. explorar enlaces de estacións de radio de internet;</p>
<p>2. acceder ós contidos de estación de radio de internet;</p>

<p></p>

<h1>3. USO DO SERVIZO</h1>

<p></p>

<p>O Servizo so se permite para uso privado e non comercial. Nokia será propietaria de todos os dereitos de propiedade intelectual no e para o Servizo.</p>

<p></p>

<p>Nokia resérvase o dereito de modificar estes termos e condicións informándolle sobre o cambio.</p>

<p></p>

<h1>4. PRIVACIDADE</h1>

<p></p>

<p>Nokia comprométese a protexer a privacidade do usuario mediante a execución estrita de políticas de confidencialidade.</p>

<p></p>

<p>Para controlar o uso e mellorar o Servizo, Nokia pode recoller datos do usuario, incluíndo pero sen se limitar a información sobre o acceso as estacións de radio, o tempo dedicado en cada unha das estacións e as favoritas.</p>

<p></p>

<p>Nokia non recolle información que permita identificar ó usuario do Servizo.</p>

<p></p>

<h1>5. DISPONIBILIDADE DO SERVIZO</h1>

<p></p>

<p>O presente Servizo de entretemento proporcionáselle “tal cal” e está suxeito a "disponibilidade". Nokia non garante a non interrupción ou fiabilidade do Servizo. Nokia resérvase o dereito a revisar o Servizo ou a retirar o seu acceso en calquera momento.</p>

<p></p>

<p>Nokia resérvase o dereito de proporcionar actualizacións para o Servizo no relativo ás aplicacións de software.</p>

<p></p>

<h1>6. LIMITACIÓN DE RESPONSABILIDADE</h1>

<p></p>

<p>Para facilitar o acceso, Nokia pode incluír enlaces a estacións de radio de internet que pertencen ou son operadas por terceiras partes. Nokia non garante que os enlaces a estacións de radio de internet sexan operativos. Ademais, o contido que non ten relación con Nokia non implica que Nokia aprobe o seu contido, produtos ou servizos indicados nese contido.</p>

<p></p>

<p>En caso de existir, vostede debe revisar e aceptar as normas de uso de cada estación de radio antes de acceder a ela. Vostede tamén acepta que Nokia non ten control sobre el contido dos servizos de terceiros e non pode asumir ningunha responsabilidade para o contido proporcionado por estacións de radio de internet.</p>

<p></p>

<p>O acceso ó contido dunha estación de radio mediante o uso do Servizo pode incluír a transmisión de gran cantidade de datos mediante o seu provedor de rede. Contacte co seu provedor de servizo para obter información sobre os prezos de transmisión de datos. O uso do Servizo con estacións de radio de internet cun fluxo de datos de alta velocidade pode implicar un maior custo asociado ó tráfico de datos.</p>

<p></p>

<p>O tráfico de datos asociado ó uso do Servizo pode incluír polo menos: actualizar o directorio de contidos de estacións, fluxo de datos da estación de radio de internet, recoller estatísticas de datos e mellorar a aplicación de radio de internet.</p>

<p></p>

<p>Nokia non é responsable dos custos de tráfico de datos asociados ó seu uso do Servizo.</p>

<p></p>

<p>NON EXISTE NINGUNHA GARANTÍA DE NINGÚN TIPO, TANTO EXPRESA COMO IMPLÍCITA, INCLUÍNDO PERO SEN SE LIMITAR A GARANTÍAS DE TÍTULO OU DE NON INFRACCIÓN OU ÁS IMPLÍCITAS DE COMERCIALIZACIÓN OU CAPACIDADE PARA UN PROPÓSITO PARTICULAR, EN RELACIÓN A DISPONIBILIDADE, EXACTITUDE, FIABILIDADE OU CONTIDO DO SERVIZO. NOKIA NON SE RESPONSABILIZA DE NINGÚN DANO DIRECTO, INDIRECTO, FORTUITO, ESPECIAL OU CONSEGUINTE, PÉRDIDA DE BENEFICIOS OU INTERRUPCIÓN DE NEGOCIO PROVOCADO POLO USO OU INCAPACIDADE DE USO DO SERVIZO, INCLUSO SE NOKIA FOI AVISADA DA POSIBILIDADE DESTE DANO. ALGUNHAS XURISDICCIÓNS NON PERMITEN A EXCLUSIÓN DE ALGUNHAS GARANTÍAS OU LIMITACIÓNS DE RESPONSABILIDADE, ASÍ QUE AS LIMITACIÓN OU EXCLUSIÓNS INDICADAS ARRIBA PODEN NON APLICARSE A VOSTEDE. A RESPONSABILIDADE DE NOKIA NESTE CASO SE LIMITA Á MAIOR EXTENSIÓN PERMITIDA POLA LEI.</p>

<p></p>

<p>Nada do contido no presente documento pode prexudicar os dereitos establecidos pola lei para ningunha parte na súa actuación coma consumidor. Nada do contido no presente documento limita a responsabilidade de Nokia en caso de morte ou dano persoal resultante dunha neglixencia por parte de Nokia.</p>

<p></p>

<h1>7. POLÍTICA RELATIVA AS RECLAMACIÓNS DE INFRACCIÓN DO DEREITO DE REPRODUCCIÓN</h1>

<p></p>

<p>Se pensa que o seu traballo con dereitos de reprodución se tratou dunha forma que constitúe unha infracción, pode informar a Nokia mediante unha notificación con:</p>

<p></p>

<p>(1) Unha firma física ou dixital dunha persoa autorizada para actuar en nome do propietario do dereito exclusivo que supostamente se infrinxiu.</p>

<p></p>

<p>(2) Identificación ou descrición do traballo con dereitos de reprodución do que se reclama a infracción.</p>

<p></p>

<p>(3) Identificación ou descrición do material coa suposta infracción e información razoablemente suficiente para localizar o material.</p>

<p></p>

<p>(4) O seu nome, enderezo, número de teléfono, enderezo de correo electrónico e calquera información que permita a Nokia contactar con vostede.</p>

<p></p>

<p>(5) Unha declaración na que indique de boa fe que segundo vostede se está a facer un uso do material dunha forma non permitida polo propietario, o seu axente, ou a lei, e</p>

<p></p>

<p>(6) Unha declaración de que a información na notificación é exacta, e baixo pena de perxurio, que está autorizado para actuar en nome do propietario do dereito exclusivo que se infrinxe supostamente.</p>

<p></p>

<p>A notificación débese enviar ó noso enderezo de axente designado:</p>

<p></p>

<p>Copyright.Notices@nokia.com</p>

<p></p>

<h1>8. XURISDICCIÓN</h1>

<p></p>

<p>Tal e como se usa nestes termos e condicións, “Nokia” significa Nokia Corporation. Nokia opera e controla o Servizo dende instalacións en Finlandia. Desta forma, a información contida no presente Servizo se considera como provista en Finlandia.</p>

<p></p>

<p>Copyright © Nokia Corporation 2006. Todos os dereitos reservados.</p>

</body>

</html>